20050326

coa música a outra parte

Coa música a outra parte, pexorativamente falando, indica a posibilidade que temos de mandar á merda todo aquelo que nos sexa incómodo ou desagradable.

Me cago en diola como falo.

Si lle podemos adxudicar un bo uso, servirá sempre para indicar o lugar ao que nos temos que ir para que non nos toquen o carallo.

A excusa deste tíulo non é outra que axudarme a indicar as músicas que me poden interesar. O escrito no anterior post indica xa que me interesa o JAZZ. Comentei algo de T. S. MONK. Interesame o JAZZ en todas as súas formas, unhas máis que outras, segundo tempadas. Nestes momentos o BEBOP, todo, pero principalmente os pianistas. Sobre todo Monk, como xa quedou claro abondo. Pero non poño ningún reparo na hora de escoitar a CHARLIE PARKER e DIZZY GILLESPIE, a JOHN COLTRANE ou MILES DAVIES, e todos os seus acompañantes.

Teño que dicir neste momento que agradecerei toda a INFORMACIÓN que queirades enviar. Intentarei colocala o mellor que poida neste blog, para regocijo de todos. Espero poder ter un momento para aprender a manexar esto dos bloggs. Agora únicamente sei facer algo co texto, ou sexa escrever. Co tenpo intentarei colocar imaxes, para compartilas con quen queira ollar. Do mesmo xeito atenderei a calquera tipo de imaxe que queirades enviar. Imaxino que todo esto se fará por medio de LINKS, non o sei, vós diredes.

Ta bom gente. Son horas de ir dormir. Ata mañá, se cadra.

como dicia

como dicia onte, e intentando non enrrollarme demasiado, gostaríame que falaramos de musica, e tamén de pintura, deseño, escultura. Segundo se me ocurra. E por suposto gustaríame que, ya que a tecnoloxía o permite,facer de este lugar unha especie de BOTELLA AL MAR permanente. Calquera que a atope pode, si así lle parece, contribuir ao seu contido e devolvela ao mar.

Sirva o anterior, a la par que humilde homenaxe a D. LUIS SEOANE , para declarar que debemos falar temén de poesía, si non de xeito concreto, si como displina aglutinadora. Creo que é a única que permite defenir e describir todas as outras.

Si sirve de algo, en canto temas a tratar, mentras escribo estas liñas estou escoitando a THELONIOUS MONK, esta soando Well you needn´t. Flipo escoitando a este tipo. Últimamente non tenño maneira de escoitar outra cousa, pido desculpas, Tal vez me poña un pouco pelma. Veña carallo, aportacións sobre Monk.

20050228

saúdos se cadra

Moi boas noites.
Supoño que é de noite.
Agora estou en Madrid, pero vivo na Coruña.
Aproveitando que teño un ordenador a man, conectado a internet, decido que me apetece aproveitar a maxia de comezar unha cousa nun lugar e continuala noutro.
Así que me disopoño a comezar este blogg que continuar desde a Coruña.

Como fácilmente se poderá comprobar, eu escribirei maiormente en galego, ou canda menos intentareino. O que non quere decir que rexeite calquera idioma. Calquera que eu entenda, enténdese ben. Queda claro tamén que, no caso de non contenstar unha aportación en calquera tipo de árabe, xudeo, chinés ou similares, nunca será cunha intención racista. Únicamente será un acto de ignorancia xa que, a miña bagaxe idiomatica, mal que me pese, non se extende máis alá do portugués. Enterareime do que me chamedes en inglés, pero non estou seguro de que vos chamarei. Serios problemas en canto ao francés, non por falta de vontade.

Non quero reducir o contido deste blogg a unha mera cátedra de filoloxía. Entre outras cousas por que non tenño nin puta idea. Pero quede claro que a miña relación coas linguas que non entendo é meramente gráfica.

Gustaríame que faláramos de música. Pero non me gustaría que me tocara ninguén o carallo co último de bisbal.

Esepero ir rematando este texto, pero agora vou pra cama, carllo, son as catro da mañan joder.