20050326

coa música a outra parte

Coa música a outra parte, pexorativamente falando, indica a posibilidade que temos de mandar á merda todo aquelo que nos sexa incómodo ou desagradable.

Me cago en diola como falo.

Si lle podemos adxudicar un bo uso, servirá sempre para indicar o lugar ao que nos temos que ir para que non nos toquen o carallo.

A excusa deste tíulo non é outra que axudarme a indicar as músicas que me poden interesar. O escrito no anterior post indica xa que me interesa o JAZZ. Comentei algo de T. S. MONK. Interesame o JAZZ en todas as súas formas, unhas máis que outras, segundo tempadas. Nestes momentos o BEBOP, todo, pero principalmente os pianistas. Sobre todo Monk, como xa quedou claro abondo. Pero non poño ningún reparo na hora de escoitar a CHARLIE PARKER e DIZZY GILLESPIE, a JOHN COLTRANE ou MILES DAVIES, e todos os seus acompañantes.

Teño que dicir neste momento que agradecerei toda a INFORMACIÓN que queirades enviar. Intentarei colocala o mellor que poida neste blog, para regocijo de todos. Espero poder ter un momento para aprender a manexar esto dos bloggs. Agora únicamente sei facer algo co texto, ou sexa escrever. Co tenpo intentarei colocar imaxes, para compartilas con quen queira ollar. Do mesmo xeito atenderei a calquera tipo de imaxe que queirades enviar. Imaxino que todo esto se fará por medio de LINKS, non o sei, vós diredes.

Ta bom gente. Son horas de ir dormir. Ata mañá, se cadra.

como dicia

como dicia onte, e intentando non enrrollarme demasiado, gostaríame que falaramos de musica, e tamén de pintura, deseño, escultura. Segundo se me ocurra. E por suposto gustaríame que, ya que a tecnoloxía o permite,facer de este lugar unha especie de BOTELLA AL MAR permanente. Calquera que a atope pode, si así lle parece, contribuir ao seu contido e devolvela ao mar.

Sirva o anterior, a la par que humilde homenaxe a D. LUIS SEOANE , para declarar que debemos falar temén de poesía, si non de xeito concreto, si como displina aglutinadora. Creo que é a única que permite defenir e describir todas as outras.

Si sirve de algo, en canto temas a tratar, mentras escribo estas liñas estou escoitando a THELONIOUS MONK, esta soando Well you needn´t. Flipo escoitando a este tipo. Últimamente non tenño maneira de escoitar outra cousa, pido desculpas, Tal vez me poña un pouco pelma. Veña carallo, aportacións sobre Monk.